Guerech da Bretaña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século X |
Morte | 988 |
Bispo | |
Actividade | |
Ocupación | prelado (pt) |
Outro | |
Título | Duque |
Cónxuxe | Aremburge d'Ancenis |
Fillos | Alan de Nantes |
Pais | Alan II Duque da Bretaña e Judith, concubine of Alan II |
Irmáns | Hoël I da Bretaña Drogón da Bretaña Gerberge of Nantes |
Guerech da Bretaña (en bretón: Gwereg Breizh), finado en 988, foi un nobre bretón que foi conde e Nantes e duque da Bretaña desde 981 a 988.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Guerech era o fillo ilexítimo menor de Alan Barbetorte (Barbatorta) e da nobre Xudite, e sucedeu ao seu irmán Hoël á súa morte.
Foi educado na abadía de Saint-Benoît-sur-Loire, preto de Orleáns. Guerech foi elixido bispo de Nantes en 981, pero probabelmente non foi consagrado, e non exerceu o sacerdocio. Trátase do Hugues ou Hugo, «personaxe dunha vida sabia e austera» segundo Alberte o Magno, que administrou de facto a nivel espiritual a Igrexa de Nantes. Porén, Guerech mantivo durante os sete anos do seu reinado o regaire, é dicir, a parte temporal do bispado que administrou, xunto co condado de Nantes.
Guerech continou a loita iniciada polo seu irmán contra o conde de Rennes Conan I da Bretaña o Torto. En 982, asinou un tratado co conde Guillerme de Poitiers, que confirmou as posesións de Nantes ao sur do río Loira, os pagi de Herbauges, Tiffauges e Mauges, obtidos polo seu pai en 942.[1] Ao ano seguinte acudiu á corte do rei da Francia Occidental Lotario I para renderlle homenaxe.[2] No camiño de volta detívose na corte do conde Godofredo II de Anjou, que exixe liberalo para converterse no seu vasalo ao recoñecer que recibiu a cidade de Nantes do conde de Anjou.[3]
Ese mesmo ano, a esposa de Guerech, Aremburga, tiña unha fortaleza estratéxica establecida en Ancenis.[4] Insigador, segundo a Chronique de Nantes, do asasinato de Hoël I, Conan o Torto, temendo, con razón, unha alianza entre os condes de Nantes e de Anjou contra el, convencería ao médico de Guerech, un tal Heroicus, tamén abade da abadía do Saint-Sauveur de Redon, para que envelenara ao duque.
Guerech morreu, como o seu irmán, prematuramente, en 988, e foi enterrado na abadía do Saint-Sauveur en Redon. A súa muller deulle un único fillo, Alan, que o sobreviviu só dous anos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chédeville & Tonnerre 1987, p. 33.
- ↑ Paul Jeulin (1934): "L'hommage de la Bretagne en droit et dans les faits". En: Annales de Bretagne. Tome 41, nº 3-4, p. 410.
- ↑ Tonnerre 1994, p. 291, nota nº 1.
- ↑ Tonnerre 1994, p. 327.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chédeville, André & Noël-Yves Tonnerre (1987): La Bretagne féodale XIe-XIIIe siècle. Ouest-France: Université Rennes. ISBN 27-373-0014-2.
- Quaghebeur, Joëlle (2002): La Cornouaille du IXe au XIIe siècle. Mémoire , pouvoirs, noblesse. Rennes: Presses Universitaires de Rennes. ISBN 2-8684-7743-7.
- Tonnerre, Noël-Yves (1994): Naissance de la Bretagne. Géographie historique et structures sociales de la Bretagne méridionale (Nantais et Vannetais) de la fin du VIIIe à la fin du XIIe siècle Angers: Presses de l'Université d'Angers. ISBN 2-9030-7558-9.